
Estes dias estase a celebrar na cidade ucraína de Odessa o IV Festival de body-Art. Trescent@s modelos, nin mais nin menos emprestan a súa figura para que os cen artistas (tanto convidados como afeccionados) plasmen as súas obras nos seus corpos. Este evento supón outro tipo de expresión artística orixinal e novedosa, na que, o "cadro" convértese en protagonista igual ainda que o soporte sexa o corpo dunha persoa. Pode resultar estrano, pero á vez agradabel contemplar unha obra de arte, ao mesmo tempo que estás a observar a unha persoa. As persoas non son as protagonistas, senón lienzos viventes que teñen un protagonismo importante ainda que secundario.
A idea do artigo débolla a
La Voz de Galicia, xornal que inspirou estas liñas. A fotografia (tamén do mesmo diario), mostra o retrato do coñecido líder comunista, Lenin, no corpo dunha escultural xoven.
Ver noticia de La Voz de Galicia
0 comentarios